martes, 26 de xuño de 2018

María Victoria Moreno

O equipo de dinamización da Lingua Galega organizou un contacontos adicado a Maria Victoria Moreno, que disfrutamos no mellor lugar posible, a biblioteca.
Clica na imaxe


mércores, 14 de marzo de 2018

As plantas, seres vivos

Despois do obradoiro sobre cine  que podedes ver neste vídeo

anímámonos a facer entre todos e todas un primeiro intento de película. Fixémolo a toda velocidade nunha única sesión.Colgareino pronto
Non atoparedes por tanto calidade (precisamos un pouquiño mais de tempo) pero quedáronnos claras varias cousas tanto sobre o cine (animación de fotogramas) como sobre as plantas (unidade que estamos a tratar). En casa tamén podedes facer auténticas maravillas con aplicacións sinxelas de STOP MOTION
O curso pasado fixemos tamén o clásico rexistro do crecemrnto das fabas


xoves, 1 de febreiro de 2018

Obradoiro Minihorta escolar

O pasado ano a familia de Marco ensinounos o pouco que fai falta para ter a nosa propia horta. Tocounos coidala para obter unhas boas e frescas hortalizas e ainda que tardaron en sair, este curso xa obtuvimos resultados.

martes, 14 de marzo de 2017

DECORACIÓN CREATIVA

Dende Nadal adicamos algúns venres a disfrutar coa iniciativa das familias dos nenos e nenas de 1º.Inauguramos estes obradoiros coa nai de Sabela, Kesia, que convidounos a ser creativos decorando con distintos materiais as iniciais dos nosos nomes. Moitas grazas!!

mércores, 15 de febreiro de 2017

SEGURIDADE CIDADÁN

Moitas grazas áo pai de Pablo. Disfrutamos moito co seu obradoiro sobre a seguridade cidadán. Aprendimos un montón e fixemos uns carnets e uns minicoches de policia chulísimos

luns, 6 de febreiro de 2017

Obradoiro adicado á guitarra

Lino ,o pai de Claudia, explicounos todo o que hai que saber sobre a guitarra. Divertímonos moito coas melodías que nos tocou coa axuda do mestre  Manuel. Moitísimas grazas!!!!

venres, 20 de xaneiro de 2017

POLO MAR ABAIXO VAI...

A avoa de Marco tróuxonos o mar á nosa aula. Cantamos, xogamos, pescamos,,,Todo o alumnado fixo cadanseu barquiño de papel seguindo ás instruccións, Moitas grazas!!!!

Los Tamara

Pol'o Mar Abaixo Vai

Nosa señora do Carme
Que nos de o vento en popa
Nosa señora do Carme
Que nos de o vento en popa

Que somo-los de Marín
Levamo-la vela rota.
Que somo-los de Marín
Levamo-la vela rota.

Levamo-la vela rota.
E non nos quedan estrobos
Levamo-la vela rota.
E non nos quedan estrobos

Porque de tanto remare
Foron rompéndose todos
Porque de tanto remare
Foron rompéndose todos

Polo mar abaixo vai unha troita de pé
Corre que te corre, quen a poidera coller.
Quen a poidera coller, quen a poidera pillar.
Polo mar abaixo vai unha troita de pé.

Que vida máis exclaviña
A vida dos mariñeiros
Que vida máis exclaviña
A vida dos mariñeiros

Veñen cansados do mare
E mollados dos salseiros.
Veñen cansados do mare
E mollados dos salseiros.

Polo mar abaixo vai unha troita de pé
Corre que te corre, quen a poidera coller.
Quen a poidera coller, quen a poidera pillar.
Polo mar abaixo vai unha troita de pé.

Lara.lara.laila,la,la ....

Polo mar abaixo vai unha troita de pé
Corre que te corre, quen a poidera coller.
Quen a poidera coller, quen a poidera pillar.
Polo mar abaixo vai unha troita de pé.